Friday 17 de May de 2024

A Xunta salienta o papel da terapia ocupacional para que as persoas con discapacidade gañen autonomía


O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, salientou hoxe no día mundial da Terapia Ocupacional a importancia desta actividade para axudar a que as persoas con algún tipo de discapacidade poidan gañar autonomía.

Fernando González Abeijón participou nun acto de entrega á medalla de ouro ocupacional a Amparo Tessio Costamagna, que é impulsora de proxectos de humanización e de vivenda colaborativa. A entrega desta distinción celebrouse esta tarde no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.